Ir ao lector

Condicións de uso

Actualizado o 13 de setembro de 2026

Podes

  • Usar os ficheiros de son para o que queiras, tamén comercialmente.
  • Non citar a fonte. Non o pedimos.
  • Usar a web sen conta e sen pagar.

Non podes

  • Enviar a voz doutra persoa á clonación sen o seu permiso.
  • Crear contido que presente a alguén dicindo algo que non dixo.
  • Saltar os límites de uso con automatismos ou con varios enderezos.

Límites

LímiteValor
Palabras por lectura500
Caracteres por lectura3800
Pausa entre lecturas5 s
Lecturas ao día desde o mesmo enderezo60
Voces propias ao día5
Tamaño máximo da gravación2 MB
Tempo que se garda o MP324 horas

O servizo pode parar

É unha web mantida por unha soa persoa que funciona nun ordenador na casa. Pode estar sen servizo sen aviso previo, e pode pechar de todo. Descarga os ficheiros que necesites.