Vogais abertas e pechadas en galego
Sete vogais, cinco letras. Pega un texto e mira enriba de cada vogal tónica como soa; despois escoita se a voz o respecta.

Como soan as vogais tónicas
Na portada está o mesmo lector con 35 voces e todas as linguas. Ir á portada
As sete vogais
/a/
letra a
casa
/ɛ/
letra e
terra
/e/
letra e
mesa
/i/
letra i
fillo
/ɔ/
letra o
porta
/o/
letra o
boca
/u/
letra u
lúa
As parellas /ɛ/ e /e/, /ɔ/ e /o/ só se distinguen na sílaba tónica; nas átonas o galego pecha as dúas. Por iso as marcas só aparecen enriba da vogal tónica.
O que a norma si marca
A RAG conserva o til diacrítico nun grupo pequeno de palabras para distinguir unha vogal aberta dunha pechada. Fóra desas, a escrita non di nada.
- ósofronte aoso
- présafronte apresa
- bólafronte abola
- pólafronte apola
- péfronte ape
- téfronte ate
De onde saen as marcas
Dun dicionario de 4433 palabras con IPA de Wiktionary e dunhas regras de sufixo que só entraron se acertan no 95 % dese dicionario, con polo menos 12 palabras. O limiar fixouse antes de ver a táboa.
| Sufixo | Marca | Acertos no dicionario |
|---|---|---|
| -ecer | pechada | 51 de 51 |
| -ador | pechada | 35 de 35 |
| -sión | pechada | 35 de 35 |
| -ción | pechada | 271 de 271 |
| -eiro | pechada | 318 de 318 |
| -eira | pechada | 189 de 191 |
| -oiro | pechada | 33 de 33 |
| -oira | pechada | 12 de 12 |
| -eito | pechada | 24 de 24 |
| -ello | pechada | 31 de 32 |
| -ella | pechada | 24 de 25 |
| -roso | pechada | 15 de 15 |
| -nder | pechada | 15 de 15 |
| -ión | pechada | 321 de 321 |
| -cer | pechada | 68 de 68 |
| -dor | pechada | 48 de 48 |
| -tor | pechada | 19 de 20 |
| -oso | pechada | 67 de 68 |
| -ela | aberta | 78 de 81 |
| -oca | aberta | 12 de 12 |
| -ón | pechada | 504 de 505 |
| -eo | pechada | 24 de 25 |
| -or | pechada | 102 de 107 |
| -er | pechada | 177 de 186 |
Unha regra que parecía obvia quedou fóra: «o plural mantén a abertura do singular» acerta 130 de 138 (94,2 %). Dos oito fallos só un é galego de verdade, a metafonía de «fermoso» /o/ fronte a «fermosos» /ɔ/; os outros sete son entradas de Wiktionary que se contradín entre si.
Wiktionary e Cotovía, o transcritor da Universidade de Vigo, coinciden no 86,5 % das palabras. Nunha mostra de 155 frases da Wikipedia galega as marcas cobren o 50,3 % das tónicas en e/o, e o 92,3 % das frases ten polo menos unha.
Manteñen as voces as vogais abertas?
8 de 35 voces distinguen as abertas das pechadas con p < 0,05. AUC mediana 0,57, onde 0,5 é o azar e 1 unha separación perfecta. As mesmas persoas, nas súas gravacións orixinais, dan 0,74: a persoa distingue máis ca a súa voz clonada en 33 de 35 casos.
A diferenza non se reparte igual: distinguen 1 de 18 voces de muller e 7 de 17 de home. Nas gravacións orixinais desas mesmas persoas o instrumento dá 0,70 nas mulleres e 0,81 nos homes: tamén hai algo menos de separación medida nas voces agudas, pero moito máis ca na máquina.
O instrumento, probado antes en casos coñecidos
Medimos o primeiro formante (F1) no centro da vogal tónica, que sobe cando a boca se abre. A vogal localízase aliñando o texto co son letra a letra; o F1 mídeo Praat. Cada voz compárase só consigo mesma, e cada letra coa mesma letra.
- 0,99
- espeak-ng en portugués, onde a transcrición IPA di a resposta. É o teito: unha voz sintética moi marcada.
- 0,75
- Fala tradicional declarada (atlántica, central, oriental): 90 persoas de Common Voice, p = 5,0 × 10−5
- 0,69
- Galego normativo declarado: 115 persoas de Common Voice, p = 5,0 × 10−5
- 0,61
- Neofalantes declarados: 20 persoas de Common Voice, p = 9,5 × 10−4
- 0,72
- Outras declaracións: 3 persoas de Common Voice, p = 0,009
Voz a voz
24 palabras nas que Wiktionary e Cotovía coinciden, dúas veces cada unha en dúas frases. «Persoa» é o mesmo instrumento nas gravacións orixinais de Common Voice de quen prestou a voz. Ningunha voz se retirou por este resultado.
| Voz | Fala declarada | AUC voz | p | AUC persoa | Resultado |
|---|---|---|---|---|---|
| Uxía | normativo | 0,62 | 0,084 | 0,69 | sen demostrar |
| Iria | atlántico | 0,42 | 0,810 | 0,74 | sen demostrar |
| Antía | atlántico | 0,58 | 0,198 | 0,69 | sen demostrar |
| Xiana | sen declarar | 0,42 | 0,822 | 0,57 | sen demostrar |
| Eira | sen declarar | 0,62 | 0,078 | 0,86 | sen demostrar |
| Xoana | sen declarar | 0,57 | 0,212 | 0,76 | sen demostrar |
| Maruxa | normativo | 0,69 | 0,009 | 0,89 | distingue |
| Aldara | sen declarar | 0,44 | 0,773 | 0,55 | sen demostrar |
| Lúa | atlántico | 0,52 | 0,424 | 0,68 | sen demostrar |
| Ledicia | normativo | 0,55 | 0,286 | 0,58 | sen demostrar |
| Comba | oriental | 0,51 | 0,481 | 0,86 | sen demostrar |
| Olalla | normativo | 0,58 | 0,178 | 0,88 | sen demostrar |
| Balbina | normativo | 0,58 | 0,177 | 0,57 | sen demostrar |
| Bríxida | central | 0,56 | 0,246 | 0,71 | sen demostrar |
| Branca | normativo | 0,56 | 0,255 | 0,70 | sen demostrar |
| Minia | central | 0,50 | 0,507 | 0,73 | sen demostrar |
| Xenoveva | normativo | 0,53 | 0,353 | 1,00 | sen demostrar |
| Dores | sen declarar | 0,55 | 0,281 | 0,59 | sen demostrar |
| Xoán | sen declarar | 0,68 | 0,019 | 0,75 | distingue |
| Xurxo | sen declarar | 0,55 | 0,286 | 0,66 | sen demostrar |
| Martiño | normativo | 0,57 | 0,204 | 0,87 | sen demostrar |
| Xabier | oriental | 0,56 | 0,257 | 0,81 | sen demostrar |
| Fiz | oriental | 0,61 | 0,088 | 0,82 | sen demostrar |
| Bieito | normativo | 0,53 | 0,357 | 0,81 | sen demostrar |
| Cibrán | normativo | 0,71 | 0,006 | 0,82 | distingue |
| Breixo | normativo | 0,47 | 0,640 | 0,38 | sen demostrar |
| Lois | normativo | 0,59 | 0,140 | 0,63 | sen demostrar |
| Afonso | normativo | 0,63 | 0,066 | 0,66 | sen demostrar |
| Manoel | oriental | 0,68 | 0,019 | 0,70 | distingue |
| Roque | sen declarar | 0,59 | 0,148 | 0,76 | sen demostrar |
| Xacobe | atlántico | 0,72 | 0,004 | 1,00 | distingue |
| Tomé | sen declarar | 0,57 | 0,206 | 0,74 | sen demostrar |
| Andrés | central | 0,68 | 0,014 | 0,81 | distingue |
| Baltar | sen declarar | 0,70 | 0,008 | 0,84 | distingue |
| Antón | central | 0,76 | 0,001 | 0,90 | distingue |
E se lle escribimos o acento á máquina?
O sintetizador só recibe letras. Probamos dúas maneiras de escribir a abertura que o modelo puido aprender doutras linguas: a grave do catalán e do italiano (pòrta, tèrra) e o sistema portugués (pórta, mêsa). 12 voces, 24 frases por maneira, e a regra de decisión escrita antes de ver os números: só vale se sobe a separación con p < 0,05 e a palabra se segue entendendo.
| Escrita enviada | AUC mediana | Sobe en | p | Palabra entendida |
|---|---|---|---|---|
| porta, mesa (tal cal) | 0,60 | referencia | 89 % | |
| pòrta, tèrra | 0,79 | 11 de 12 | 4,9 × 10−4 | 86 % |
| pórta, mêsa | 0,67 | 7 de 12 | 0,051 | 89 % |
A escrita «pòrta, tèrra» pasou a regra.
Control: poñer a grave tamén nas pechadas (mèsa, pòrto). Se o acento só fixese a vogal máis forte, a separación non cambiaría. Caeu de 0,60 a 0,42 e baixou en 12 de 12 voces (p = 2,4 × 10−4): a máquina le a grave como vogal aberta.
«Sen demostrar» non quere dicir «pronuncia mal»: con 48 medicións por voz unha diferenza pequena non chega a p < 0,05. No conxunto, 30 de 35 voces quedan por riba do azar (proba de signos, p = 1,1 × 10−5).
O que isto non di
- Non di que o dicionario acerte sempre: a abertura varía entre zonas e entre persoas, e por iso existe a marca «segundo a zona».
- Non promete unha pronuncia perfecta: o acento grave sobe a separación medida, pero en ningunha voz a iguala coa persoa en todas as palabras.
- Non mide os verbos: «bebo» e «bebe» cambian de vogal dentro do mesmo verbo e non están nas regras.
- Non xulga a ninguén pola súa fala: os grupos de persoas son os que cada quen declarou en Common Voice.
Actualizado: 2026-09-13